Recibiuse nas listas de correo da UDC információn sobre as actividades propostas pola asociación de estudantes INCUDE (web)
Copio e pego parte do texto que enviaron por se vos interesan algunha destas actividades:
A) Visitas culturais.
Son un dos principais eixos de actividade da nosa asociación, nas que tentamos difundir o patrimonio histórico e medioambiental de Galicia.
Durante o próximo mes temos previsto a realización de visitas a Lugo, Monforte, Baroña, Elviña, Mariñán e algunha máis.
Do mesmo xeito que no pasado tivemos a colaboración de entidades como Amigos dos Museos de Galicia, neste curso agardamos contar co axuda de diferentes entidades de recoñecido prestixio.
Toda a información está na nosa web: http://incude.udc.es/
B) Xogo de Mesa: Irmandiños.
Este ano está a levarnos moito traballo a realización dun xogo de taboleiro baseado na Gran Revolta Irmandiña, acontecida en Galicia hai 550 anos.
Pretendemos ter listo o xogo a final do mes de outubro e informaremos dos actos que celebremos para a súa presentación.
O xogo está ideado completamente dende a nosa asociación e contamos coa complicidade da Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia para a elaboración dun espazo web onde irá aparecendo toda a información: www.irmandiños.org
C) Xadrez.
O xogo de mesa por excelencia. Neste curso, no que a Área de Deportes non oferta a escola de xadrez, nós reforzamos a nosa.
Mais de catrocentas personas de tódalas idades participaron nas diferentes actividades de xadrez desenvoltas por INCUDE e CIDU no curso pasado.
Temos grupos de adestramento e formación abertos a todos (agás o grupo reservado para alumnos da Universidade Senior) e, como todos os anos, organizaremos competicións diversas tanto presenciais como en liña.
Tedes todos os horarios e demáis datos na nosa web incude.udc.es e no espazo do noso grupo de xadrez www.xadrezuniversitario.org
D) Outros xogos.
As nosas ideas para este curso son moi variadas. Estamos estudando a celebración de torneos universitarios dalgún xogo de móbil (Clash Royale, Hearthstone...) pero tamén de billar e xogos de cartas.
Agardamos que algunha destas actividade sexa do teu agrado e gustaríanos contar coa túa colaboración.
Comentarios recentes