Aínda estás a tempo de formar parte do Comité Ambiental da iniciativa Green Campus na FEE, integrado por PDI, PAS, estudantado e posibles representantes externos.

Que é isto de Green Campus?

É un novo programa que recolle a filosofía, metodoloxía e experiencia de Ecoescolas, adaptada ás necesidades e problemática específica do ámbito universitario. En Europa máis de 40 universidades, entre elas a Universidade de Cork e o Trinity College de Dublín en Irlanda ou a Escola Superior de Tecnoloxía da Saúde de Lisboa, participan desde 2007 no programa.

A creación dun Comité Ambiental, a realización de eco-auditorías, a elaboración dun Plan de Acción e dunha declaración do compromiso ambiental, xunto co asesoramento, información, comunicación e avaliación continua, son os elementos chave da metodoloxía do GreenCampus.

En particular na nosa facultade estase a iniciar os procedementos de xestión ecolóxica para a optar tamén á obtención da bandeira verde “Green Campus”, e invitámoste a participar no seu comite ambiental.

Para participar ou para recibir máis información, podedes poñervos en contacto coa estudante Claudia A. Quintas Pereira, (claudia.quintasp arroba udc.es) ou cos profesores Iván López ( ivanl arroba udc.es ) ou Estefanía Mourelle (estefania.mourelle arroba udc.es ).

Grazas e saúdos,