http://gl.wikipedia.org/wiki/A_esmorga

O vindeiro xoves, día 20 de novembro, vaise realizar na facultade a presentación do filme A Esmorga, baseado na novela do mesmo título de Eduardo Blanco-Amor.

Esta presentación na facultade estará organizada … … pola Comisión de Normalización Linguistica e consistirá nun encontro virtual cos actores da película,  aos que se lle irán facendo preguntas desde cada un dos centros participantes.

 

Se queredes informarvos sobre a película podedes acceder á súa web: http://aesmorgafilme.com/

ou á súa conta de Facebook: https://www.facebook.com/aesmorgafilme?fref=ts .

 

Desde aquí animámosvos a que fagades preguntas, sobre o que vos pareza de interese, ainda que vos lembramos dous aspectos que se achegan a vós como estudantes deste centro:

  • Calquera película é un proxecto empresarial, e como tal ten aspectos que poden ser de interese para un estudante da nosa facultade.
  • O Cine forma parte dunha industria, a cultural, xa que non só de coches e de peixe vive unha economía.

Podedes plantexar preguntas mediante o seguinte formulario, ou enviando un correo a cousasvariadas arroba estatistica.es, indicando tamén unha maneira de contactarvos.